ASOCAIRE web
Calcule seus embargos Quen somos Por que este servizo? Consideracións Manual de embargos Contacto
ASOCAIRE web
Páxina traducida ao galego coa colaboración desinteresada da
Plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística (www.amesa.gal).
Atopará a súa ligazón no noso apartado "CONTACTO"
Texto actualizado o 23 de Abril de 2020
Menú
Menú
ASOCAIRE web
Páxina traducida ao galego coa colaboración desinteresada da
Plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística (www.amesa.gal).
Atopará a súa ligazón no noso apartado "CONTACTO"
Texto actualizado o 23 de Abril de 2020
SELECCIONE A LINGUA DESEXADA:
Castellano - Català - Euskara - Galego - Valencià - Mallorquí - Asturianu - Occitan - Aranés

O noso obxectivo


Recuperar embargos en conta corrente


A nosa MISIÓN, como experimentados na loita para levantar embargos de salarios, executados indebidamente sobre a súa Nómina, ou sobre a súa Conta Corrente bancaria, queremos pór tal experiencia a disposición daquelas persoas que se atopen sufrindo estes atropelos.

Para iso, marcámonos como OBXECTIVO auspiciar e promover o desenvolvemento dunha páxina web, por medio da cal poder prestar axuda a calquera persoa, facilitando un diagnóstico certeiro que lle permita formarse criterio para loitar e conseguir a recuperación das cantidades que estean a embargar as súas percepcións salariais (nóminas, pensións ou outro tipo de haberes) e que o fagan superando as marxes protectoras que para eles marca a lei.

A definición da nosa actividade, sintetizámola baixo o seguinte LEMA:

NON QUEREMOS LIMITARNOS A XESTIONAR O seu PROBLEMA. IMOS TRABALLAR PARA RESOLVELO.
E TODO ISO CON CARÁCTER ABSOLUTAMENTE GRATUÍTO.

O noso servizo está sustentado pola PLATAFORMA AyG, soportada polos tres cimentos seguintes, os cales contribúen, ademais, a modelar a súa denominación:
**Personalidade XURÍDICA** A que lle achega o noso mentor ASOCAIRE - Asociación Independente para Recuperar Embargos de Salarios.
**Capacidade OPERATIVA** Que lle presta a nosa páxina web ysinembargo.org, a través da cal lle brindamos acceso a este servizo.
**EFECTIVIDADE** Esta idea serviu de base para deseñar o Proxecto GreDosS no que se desenvolven as hipóteses e cálculos necesarios para chegar ao diagnóstico final.

O noso servizo está aberto a calquera persoa, pero queremos poñer especial énfase no apoio aos xubilados e parados polo feito de tratarse de dous colectivos que han de considerarse socialmente como máis sensíbeis, indefensos e en precario e, polo tanto, susceptíbeis de converterse nos principais usuarios desta ferramenta.
E tamén pola circunstancia de que a nosa experiencia se centra principalmente en conseguir a anulación de embargos executados sobre pensións e prestacións do desemprego.
Aínda que iso, con ser importante, non supón que deixemos de prestar atención a ningún outro usuario que se atope noutras circunstancias.
Querémoslle anticipar o noso agradecemento pola súa participación.
Con ela, ademais de beneficiarse Vde., está a potenciar a nosa capacidade para axudar a outras persoas.