ASOCAIRE web
Calcule seus embargos Quen somos O noso obxectivo Consideracións Manual de embargos Contacto
ASOCAIRE web
Páxina traducida ao galego coa colaboración desinteresada da
Plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística (www.amesa.gal).
Atopará a súa ligazón no noso apartado "CONTACTO"
Texto actualizado o 23 de Abril de 2020
Menú
Menú
ASOCAIRE web
Páxina traducida ao galego coa colaboración desinteresada da
Plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística (www.amesa.gal).
Atopará a súa ligazón no noso apartado "CONTACTO"
Texto actualizado o 23 de Abril de 2020
SELECCIONE A LINGUA DESEXADA:
Castellano - Català - Euskara - Galego - Valencià - Mallorquí - Asturianu - Occitan - Aranés

Oportunidade e motivación


A experiencia vivida polo promotor da idea (e, á súa vez, da nosa Asociación), quen nos últimos anos sufriu diversos embargos sobre o seu salario, conseguindo en todos os casos, e tras interpoñer os correspondentes recursos, facer triunfar as súas teses.
Iso supuxo que tales embargos tivesen que ser anulados e devoltas as cantidades indebidamente embargadas.

A reiteración nestas accións deixounos a constancia de que existen graves erros de interpretación ao aplicar o que establece a Lei para limitar os embargos sobre prestacións salariais. Por iso, decidimos utilizar este medio para poñer a disposición pública e con carácter totalmente gratuíto as nosas experiencias neste ámbito, co ánimo e na seguridade de que iso servirá para prestar unha importante axuda ás persoas que se vexan inmersas involuntariamente nesta ingrata situación.

É moi importante recalcar que, para protexer os seus ingresos, a Lei establece certas limitacións, asegurándolle O seu DEREITO para PERCIBIR UNHA CANTIDADE MÍNIMA inviolábel, estendendo tal protección, desde a súa nómina até o seu depósito na súa conta corrente bancaria.

E NÓS QUEREMOS AXUDARLLE A SALVAGARDAR ESTE DEREITO.